Poñemos as túas ideas a funcionar

Imaxe Connosco
O último no blog:

Qué facemos?

Deseño web

Temos máis de 10 anos de experiencia no desenvolvemento web, o cal nos proporciona a posibilidade de levar a cabo a túa idea usando as derradeiras tecnoloxías e estándares, xa sexa unha simple páxina ou un completo servizo web.

Redes sociais

Queres que as túas ideas ou produtos teñan maior impacto? Queres chegar antes que ninguén aos teus clientes en potencia? Nós poñemos as redes sociais a traballar no teu beneficio para que consigas a maior repecusión posibel.

Mobile apps

Facemos aplicacións para todo tipo de smartphones e tablets, aproveitando ao máximo as posibilidades que ofrecen estes novos dispositivos para a productividade e o ocio.

Programación a medida

Un programa de fidelización de clientes, unha aplicación para a xestión de flotas... Podemos desenvolver todo tipo de aplicacións web, de escritorio e para móbil. Cóntanos a túa idea e nós transformarémola nunha ferramenta que podas usar sen problema.

Comercio electrónico

Gustaríache montar unha tenda online pero paréceche moi complicado? Ou moi caro? Podemos axudarche: implementamos servicios de comercio electrónico para que ti só te teñas que encargar de enviar o producto. E axudámosche a conseguir máis ventas a través de campañas online!

Código aberto

Linux, SugarCRM, Alfresco, Drupal, Wordpress, OpenERP, LibreOffice... Implementamos solucións para a túa empresa baseandonos en software libre, reducindo costes e aumentando a seguridade.

Qué máis podemos facer?

O deseño gráfico, a edición e a impresión son áreas nas que tamén acumulamos anos de experiencia, levando a cabo a creación de imaxe gráfica integral para empresas e proxectos sociais. Podemos realizar o cartaz para o teu evento ou o merchandising para a túa empresa, só tes que consultarnos!
Desde sempre nos gustou ir un pouco máis adiante, e eso levounos a desenvolver solucións que incluen hardware específico. Paneis LED, microprocesadores, kioscos multimedia, impresoras de tickets... calquera que sexa a electrónica que necesita a túa idea, nós implementámola.
Facemos formación presencial e online de aplicacións específicas ou de tecnoloxías de desenvolvemento. Tanto se queres aprender a manexar Wordpress como se queres empezar a desenvolver apps para móbil, nós axudámosche ensinandoche todo o necesario para que leves a cabo as túas ideas.

Qué fixemos?

Carrasco Mobiliario

Deseño de imaxe gráfica, creación de web corporativa adaptada a móbiles e de redes sociais para a empresa Carrasco Mobiliario.

App Nacho Porto

Desenvolvemento dunha app para a visita virtual do obradoiro do artesán ceramista Nacho Porto en galego, español, inglés e alemán.

Cas Sabino

Deseño de imaxe gráfica e creacion de web corporativa adaptada a móbiles para o local de restauración Cas Sabino.

Fishernet

Creación da páxina web de Fishernet, un proxecto para a difusión do patrimonio cultural mariñeiro a nivel europeo coa finalidade de explorar e diseminar as tradicións de diferentes zonas pesqueiras.

Monte Pindo Parque Natural

Creación da imaxe gráfica, a páxina web, os contidos e as redes sociais para a Asociación Monte Pindo Parque Natural, que promove a declaración de Parque Natural para o macizo carnotán.

Pindo Mariño

Creación da imaxe gráfica e a páxina web para o proxecto Pindo Mariño, que ten como obxectivo xeral a difusión da cultura mariñeira e a conservación e posta en valor do patrimonio marítimo da zona.

Queres falar connosco?

Rúa da Igrexa, 12 - Carnota - 15293 (A Coruña)
667 661 801
 
Enviando Enviando...
Enviado A túa mesaxe foi enviada corretamente.
En breve poñerémonos en contacto contigo.
Erro Houbo un erro enviando a túa mesaxe.